Page 82 - index
P. 82
826 2.- PROPORCIÓN (2)
Como dixemos anteriormente, unha proporción é unha relación entre dous ou máis elementos. Podemos establecer
diferentes proporcións; de feito existen un bo número delas pero hai unha que, sen dúbida, é a máis importante de todas:
A Proporción Áurea.
PROPORCIÓN ÁUREA
A proporción áurea, concretada no rectángulo áureo, é a proporción máis sinxela que existe pois é a relación entre un
elemento e unha parte del mesmo.
O cociente entre un segmento e a súa parte áurea é un número irracional (igual que π)
A/B = 1,6180339887498948... e que simplifcamos como 1,618.
A: Segmento
B: Parte áurea de A
A proporción áurea e o rectángulo áureo foi usado ao longo da Historia ben dende o inicio: O usaban os asirios e ba-
bilónios, aló polo 2000 a. C.; o atopamos na gran pirámide de Keops, no Partenón de Atenas e en toda a arquitectura
gótica. Atopamos rectángulos e proporcións áureas en pinturas e esculturas, mesmo actualmente.
O noso corpo ten proporcións áureas e a natureza (árbores e plantas) crece en proporción áurea. Esta é a razón pola
que consideramos á proporción áurea como a máis fermosa e o rectángulo áureo como o máis harmonioso e equilibrado.
catedral de
Chartres Catedral de
Chartres Notre Dame
1194-1220 París
1163-1345
Partenón
Atenas
432 a.C.

