Page 81 - index
P. 81
81
Un artista que traballou moito coa igualdade, a traslación e a copia foi Andy Warhol (EEUU 1928-1987). Levou a repe-
tición seriada e as imaxes cotiás dos xornais, os anuncios ou a televisión á categoría de arte. Foi un dos mellores repre-
sentantes do Pop Art.
Triple Elvis Andy Warhol. 1964. Serigrafía Flores Elvis Andy Warhol. 1970. Serigrafía
XIRO ou ROTACIÓN
Aplicando un xiro a unha forma concreta obtemos outra igual nunha posición distinta. Os lados da nova fgura xeométrica
non son paralelos aos da fgura orixinal, como pasaba na translación.
Dada unha forma xeométrica ABCD debuxar a resultante de aplicarlle un xiro de 90º con respecto a un punto dado O.
1.- Unimos o punto A con O e trazamos, a partir de O, unha recta que forme 90º coa recta AO (o podemos facer co escua-
dro e o cartabón ou cun transportador de ángulos).
Facendo centro en O e con raio OA trazamos un arco que cortará á recta anterior no punto A1.
2.- Facemos o mesmo cos restantes puntos B, C e D.
3.- Unindo os catro puntos A1, B1, C1 e D1 obteremos a forma xeométrica xirada.
La semilla
de la imagen
Mapi Rivera
2009
Fotografía

