Page 80 - index
P. 80




806 1.- PROPORCIÓN




A proporción é unha relación entre dous ou máis elementos. A proporción, en Matemáticas, é o equivalente ao cociente
ou á división.
Cando relacionamos dous elementos xeométricos podemos facer determinadas operacións ou transformacións xeomé-
tricas. Vexamos algunhas delas.


IGUALDADE

A Igualdade é a transformación ou relación máis sinxela. Un obxecto ou unha forma xeométrica é igual a si mesma ou
é igual a outra coa que a podemos superpoñer.
Para debuxar unha forma xeométrica igual a outra temos o recurso xeométrico da triangulación


TRIANGULACIÓN

Dada unha forma xeométrica ABCD debuxar outra igual a ela por triangulación.
Trazado:
1.- Trazamos unha recta r calquera e marcamos sobre ela o punto A1.
Collemos a medida do segmento AB co compas e, facendo centro en A1 trazamos un arco e obtemos o punto B1.

2.- Collemos a distancia AC co compás e, facendo centro en A1 trazamos un arco; collemos a distancia BC co compás e,
facendo centro en B1 cortamos ao arco anterior no punto C1.
3.- Repetimos o proceso para obter o punto D1.
Unindo os puntos A1, B1, C1 e D1 teremos unha fgura xeométrica igual á dada.


















TRASLACIÓN

A translación é unha variante da igualdade. A forma xeométrica resultante é igual que a primeira pero situada noutro
lugar.
Trazado:
Dada unha forma xeométrica ABCD debuxar a súa trasladada segundo o vector orientado v e cun desprazamento de 3ud.
1.- Trazamos rectas paralelas a v a partir dos catro puntos A, B, C e D.
2.- Medimos a partir dos catro puntos a medida de 3ud, obtendo os puntos A1, B1, C1 e D1.
3.- Unindo os puntos A1, B1, C1 e D1 obtemos a forma trasladada.
   75   76   77   78   79   80   81   82   83   84   85