Page 75 - index
P. 75




75






















PARÁBOLA
Trazado da parábola dados o foco F e a directriz d.
Trazado:
1.- Trazamos unha perpendicular á directriz d polo foco F, obtendo así o eixo da parábola e o punto O. Facemos a me-
diatriz de OF e obtemos o vértice V da parábola. O foco da parábola está á mesma distancia do vértice que o vértice
da directriz.

2.- Marcamos varios puntos, de xeito aleatorio, a partir do vértice. O foco o usamos tamén como punto. Trazamos rectas
perpendiculares ao eixo polos puntos 1, 2, 3, 4 e F.
3.- Con raio O1 e centro en F trazamos dous arcos que cortarán (a ambos lados do eixo) á perpendicular trazada polo
punto 1. Con raio O2 e centro en F trazamos dous arcos que cortarán (a ambos lados do eixo) á perpendicular trazada
polo punto 2.
Facemos o mesmo co resto dos puntos (incluído o foco F) e obtemos os puntos que, unidos a man alzada, darannos a
parábola.


















HIPÉRBOLE


Trazado da hipérbole dada os vértices V e V1 e os focos F e F1.
Trazado:

1.- Marcamos varios puntos, de xeito aleatorio, a partir do vértice F1. Obtemos os puntos 1, 2, 3 e 4.
2.- Con raio V11 e centro en F e F1 trazamos arcos a ambos lados do eixo. Con raio V1 e centro en F1 e F cortamos aos
arcos anteriores e teremos catro puntos da hipérbole. Facemos o mesmo cos restantes puntos 2, 3 e 4.
3.- Unimos os puntos a man alzada ou con plantilla de curvas e teremos as dúas ramas da hipérbole.
   70   71   72   73   74   75   76   77   78   79   80