Page 73 - index
P. 73




73




OVOIDE


O ovoide é unha curva plana, pechada, formada por 4 arcos de circunferencia tanxentes entre si. É unha fgura simé-
trica con respecto a un eixo (eixo maior). O eixo menor, tamén chamado diámetro é perpendicular ao eixo maior. O ovoide
é a mestura dunha semicircunferencia e un semióvalo.

ovoide dado o eixo menor

1.- trazamos o eixo menor AB en vertical.
Facemos a mediatriz do segmento AB e obtemos o punto medio O.
2.- Con centro en O e raio OA trazamos unha circunferencia, que cortará á mediatriz no punto C.
Os puntos A, B, C e O serán os centros dos catro arcos de circunferencia que formarán o ovoide.
Para obter os puntos de tanxencia entre os arcos (e ver onde empeza e acaba cada un deles) unimos A e B con C.
3.- Con centro en O e raio OA trazamos a semicircunferencia. Con centro en A e raio AB trazamos o arco BD. Con
centro en B e raio BA trazamos o arco AE. Con centro en C e raio CD trazamos o arco DE e teremos rematado o ovoide.
   68   69   70   71   72   73   74   75   76   77   78