Page 70 - index
P. 70
705 3.- POLÍGONOS REGULARES (3)
PENTÁGONO REGULAR
Trazar un pentágono regular de lado AB.
Trazado:
1.- Trazamos unha recta r calquera e levamos nela a distancia AB.
Trazamos, co escuadro e o cartabón, unha perpendicular á recta r polo punto B. Con centro en B e raio BA trazamos
un arco que cortará á recta anterior no punto C.
2.- Trazamos a mediatriz do lado AB e obtemos o punto D.
Con centro en D e raio DC trazamos un arco que cortará á recta r no punto E. O segmento AE é a medida da diagonal do
pentágono.
3.- Con centro en A e raio AE trazamos un arco que cortará á mediatriz do lado no punto F. Este é o vértice superior do
pentágono.
Con raio AB e centro en A e F trazamos dous arcos que se cortarán no punto G.
Con raio AB e centro en B e F trazados dous arcos que se cortarán no punto H.
Unindo os puntos A, B, G, F e H teremos o pentágono regular.
HEXÁGONO REGULAR
O lado do hexágono é igual ao raio da circunferencia na que está inscrito, polo que o método de trazado dado o lado
vai ser o mesmo que o método de trazado dado o raio da circunferencia, que quedou explicado na páxina 67.
HEPTÁGONO REGULAR
Trazar un heptágono regular de lado AB.
Trazado:
1.- Trazamos unha recta calquera r e, sobre ela, levamos o lado AB dado.
Co escuadro e o cartabón trazamos unha perpendicular a r polo punto B.
2.- Polo punto A trazamos unha recta que forme 30º con r (lembra que o ángulo máis pequeno do cartabón mide 30º) e
que corte á perpendicular anterior no punto C.
Facemos a mediatriz do lado AB.
3.- Con centro en A e raio AC trazamos un arco que cortará á mediatriz no punto O, centro da circunferencia na que estará
inscrito o heptágono. Con centro en O e raio OA trazamos a circunferencia.
Levamos a medida do lado AB co compás a partir dos puntos A e B e teremos o noso heptágono regular.

