Page 68 - index
P. 68
685 2.- POLÍGONOS REGULARES (2)
HEPTÁGONO REGULAR
Trazar un heptágono regular inscrito nunha circunferencia de raio r.
Trazado:
1.- Con centro nun punto calquera O e raio r trazamos a circunferencia. Trazamos un diámetro calquera e obtemos os
puntos A e B.
2.- Con centro en B e raio r trazamos un arco que cortará á circunferencia nos puntos C e D.
Unindo C con D teremos o que sería o lado do triángulo equilátero inscrito na circunferencia; a metade CE dese lado será
o lado do heptágono regular.
3.- Con raio CE (o lado do heptágono) levamos sucesivamente a medida do lado sobre a circunferencia a partir do punto
A. Unimos os puntos obtidos e teremos o noso heptágono regular inscrito na circunferencia de raio r.
OCTÓGONO REGULAR
Trazar un octógono regular inscrito nunha circunferencia de raio r.
Trazado:
1.- Con centro nun punto calquera O e raio r trazamos a circunferencia. Co escuadro e o cartabón trazamos dous diáme-
tros perpendiculares entre si (igual que faríamos para trazar un cadrado). Obtemos os puntos A, B, C e D.
2.- Facemos as bisectrices dos ángulos AOD e AOC (ou ben facemos o mesmo co escuadro e o cartabón), obtendo os
puntos E, F, G e H.
3.- Unimos os puntos obtidos e teremos o noso octógono regular inscrito na circunferencia de raio r.

