Page 67 - index
P. 67
67
PENTÁGONO REGULAR
Trazar un pentágono regular inscrito nunha circunferencia de raio r.
Trazado:
1.- Con centro nun punto calquera O e raio r trazamos a circunferencia.
Tal e como fxemos no trazado do cadrado, trazamos dous diámetros perpendiculares, obtendo os puntos A, B, C e D.
2.- Trazamos a mediatriz do segmento OD e obtemos o punto E.
Con centro en E e raio EA trazamos un arco que cortará ao diámetro CD no punto F.
3.- O segmento AF é o lado do pentágono. Con centro en A e raio AF trazamos un arco que cortará á circunferencia
no punto G. Co mesmo raio AF, facendo centro en G cortamos á circunferencia no punto J… Seguimos levando o lado e
obteremos todos os vértices do pentágono regular.
Unindo os puntos A, G, H, J e K entre si teremos o noso pentágono regular inscrito na circunferencia de raio r.
HEXÁGONO REGULAR
Trazar un hexágono regular inscrito nunha circunferencia de raio r. Este é o método máis sinxelo pois o raio da circun-
ferencia na que está inscrito un hexágono regular mide o mesmo que o lado do propio hexágono.
Trazado:
1.- Con centro nun punto calquera O e raio r trazamos a circunferencia.
2.- Con centro nun punto calquera A da circunferencia e raio r trazamos un arco que cortará a circunferencia nos puntos
B e C. Facemos o mesmo cos puntos sucesivos e teremos os seis vértices do hexágono.
3.- Unindo os puntos A, B, C, D, E e F entre si teremos o noso hexágono regular inscrito na circunferencia de raio r.

