Page 66 - index
P. 66




6651.- POLÍGONOS REGULARES




No curso de 1º de ESO vimos os métodos xerais de trazado de polígonos regulares dado o raio da circunferencia no que
estaban inscritos e dado o lado do polígono. estes dous métodos (conviría que revisaras o libro de 1º de ESO) permítennos
debuxar calquera polígono regular por ambos os dous métodos e veñen moi ben cando temos que debuxar un polígono
raro, de máis de 9 lados e, sobre todo, dun número impar de lados.
Para o debuxo dos polígonos regulares de 3 a 8 lados temos, ademais, métodos específcos para debuxar cada un deles.
Estes métodos particulares son máis sinxelos de trazado que os métodos xerais, pero deberemos coñecer cada un deles,
mentres que os métodos xerais serven para trazar calquera polígono, aínda que o trazado leve máis tempo.

TRAZADO DE POLÍGONOS REGULARES DADO O RAIO DA CIRCUNFERENCIA


Vexamos os métodos particulares do trazado de polígonos regulares dado o raio da circunferencia na que están inscritos:

TRIÁNGULO EQUILÁTERO

Trazar un triángulo equilátero inscrito nunha circunferencia de raio r.
Trazado:
1.- Con centro nun punto calquera O e raio r trazamos a circunferencia.
2.- Trazamos un diámetro da circunferencia (calquera recta que pase polo centro O). Obtemos os puntos A e B.
3.- Con centro en B e raio r trazamos un arco de circunferencia que nos dará nela os puntos C e D.
Unindo os puntos A, C e D teremos o noso triángulo equilátero inscrito na circunferencia de raio r.


















CADRADO

Trazar un cadrado inscrito nunha circunferencia de raio r.
Trazado:
1.- Con centro nun punto calquera O e raio r trazamos a circunferencia.
Trazamos un diámetro da circunferencia (calquera recta que pase polo centro O). Obtemos os puntos A e B.
2.- Co escuadro e o cartabón trazamos un diámetro perpendicular ao anterior e obtemos os puntos C e D.
3.- Unindo os puntos A, B, C e D teremos o noso cadrado inscrito na circunferencia de raio r.
   61   62   63   64   65   66   67   68   69   70   71