Page 60 - index
P. 60
604 ACUARELA
A acuarela é unha técnica ancestral, baseada na aplicación
da cor máis ou menos diluída en auga sobre un papel es-
pecial (papel de acuarela) seco ou mollado. A auga é o medio
que leva a pintura e debemos aprender a usala coma o noso
aliado.
Temos acuarela en pastillas (secas) ou en tubos (pastosa,
máis diluída). Cando deixamos as cores, sexan de tubo ou de
pastilla, terminan secando pero están en perfectas condicións
para o seu uso máis adiante: Só temos que engadirlles auga. .
Pegamos o papel de acuarela sobre a mesa ou sobre un
taboleiro de DM ou de plástico ríxido. (foto)
Se queremos facilitar os degradados e a mestura de cores
poñemos o taboleiro algo inclinado.
A pintura con acuarela basease nas transparencias e na
mestura de cores, ambas as dúas por medio da auga.
FORMAS DE TRABALLO
Temos tres formas de traballo:
1.- MOLLADO sobre MOLLADO:
Mollamos o papel con unha esponxa ou directamente co pincel humedecido pero sen pintura.
Mollamos o pincel nunha cor diluída e a aplicamos. Podemos facer un degradado se seguimos pintando sen coller máis
cor. A pintura queda uniforme e esvaecida. Vai ben para os fondos uniformes.
2.- MOLADO sobre SECO:
Collemos da paleta a pintura diluída e a aplicamos sobre o papel seco. queda máis intenso que no caso anterior e degrada
menos. Ten máis intensidade e textura. Ten os bordos defnidos.
3.-SECO sobre SECO:
Mollo o pincel escorrido na pintura e o aplico. Queda a cor moi intensa e defnida, permite facer raias e texturas, marcar
bordos ou detalles.
MESTURAR CORES
1.- Na paleta: Collo unha cor e pinto nunha zona limpa da paleta. Lavo o pincel e collo a outra cor e a mesturo coa anterior.
Xa teño a miña cor resultante.
2.- No papel: O podo facer tanto en mollado sobre seco coma en mollado sobre mollado. Mollo o pincel cunha das
cores e a aplico. Limpo o pincel e o mollo coa outra e o aplico na zona da anterior onde quero que queden mesturados. Isto

