Page 59 - index
P. 59




59




HARMONÍA DE CORES FRÍAS


As cores frías son aquelas que transmiten sensación de
frío ou que, na natureza, están asociadas a cousas frías (ceo,
auga do mar, xeo).
A harmonía de cores frías, igual que coas quentes, a conse-
guimos poñendo unha cor fría a carón de outra, tamén fría,
semellante a ela.
Cores frías: Azul, en todas as súas variantes (azul ceo, tur-
quesa, mariño, cian…) ate o violeta. As cores verdes as de-
bemos considerar coma cores neutras, nin frías nin quentes.
Non debemos usar o verde en unha composición de cores
quentes nin de cores frías.
Colaxe. Harmonía de cores frías Quasart Victor Vasarely. 1966


























CONTRASTE


Se buscamos o termo “contraste” no dicionario, atopamos os signifcados seguintes:
- “Oposición, contraposición ou diferenza notable que existe entre persoas ou cousas.”
- “Oposición de dous ou máis elementos dunha representación gráfca co fn de resaltar un deles”.
Cando pretendemos dar sensación de contraste nunha composición plástica debemos poñer cores moi distintas xuntas
ou preto unha da outra.
O maior contraste o conseguimos coas cores complementarias: Maxenta – verde, amarelo – azul, cian – vermello;
pero temos outras moitas combinacións de cores que contrastan, é cuestión de facer caso da vista.
























O talismán
Paul Serusier
Contaste de cores 1888
   54   55   56   57   58   59   60   61   62   63   64