Page 58 - index
P. 58




584 5.- HARMONIA E CONTRASTE




HARMONÍA


Se buscamos o termo “harmonía” no dicionario, atopamos os signifcados seguintes:
- “Perfecta adaptación das partes que forman un todo.”
- “Boa disposición entre dúas ou máis persoas.”
E, referíndonos á música:
- “Combinación de sons acordes ou agradables ao oído.”
Cando falamos de harmonía cromática ou de harmonía no campo das cores, é doado entender que estamos a falar da
mesma sensación. Usamos as cores en harmonía cando poñemos dúas ou máis cores semellantes ou parellas
unha a carón da outra.
Cando variamos a saturación dunha cor (engadíndolle a súa complementaria) ou cando variamos o seu valor (engadindo
branco ou negro) (ver EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL 1ºESO, páx. 64) obtemos cores semellantes, próximas, ou
sexa harmoniosas. Nas imaxes de abaixo podemos ver unhas bandas de cor dispostas de xeito harmonioso (hai pouca
diferenza entre unha e outra) variando o valor ou variando a saturación.

VARIACIÓN HARMONIOSA DO VALOR DA COR VERMELLA













VARIACIÓN HARMONIOSA DA SATURACIÓN DA COR VERMELLA













HARMONÍA DE CORES QUENTES

As cores quentes son aquelas que transmiten sensación
de calor ou que, na natureza, as vemos asociadas a cousas
quentes.
Para facer unha composición de harmonía de cores quen-
tes debemos poñer, a carón dunha cor, outra semellante ou
que non destaque con respecto a ela. Se poñemos un ama-
relo pálido a carón dunha cor granate non teremos harmonía
senón contraste, a pesar de ser ambas as dúas cores quen-
tes.

Colaxe. Harmonía de cores quentes
Cores quentes: Vermello, laranxa,
amarelo, ocre, marrón, granate,
malva…











Yak Victor Vasarely. 1964
   53   54   55   56   57   58   59   60   61   62   63