Page 55 - index
P. 55
55
VERMELLO
Representa o lume, on sangue, o perigo, a forza, a paixón, o desexo sexual, o amor, a intensidade, a violencia, a
virilidade. A cor vermella aumenta o ritmo respiratorio e acelera o metabolismo (ferve o sangue). En sinalética úsase para
indicar prohibición ou perigo extremo.
AZUL
Representa a estabilidade, a confanza, a calma, a eternidade, a elevación, a frescura e a fe. É a cor do ceo e do mar.
Tamén pode representar a intelixencia e a limpeza e na moda a cor azul asociase ao masculino e a cor rosa ao femi-
nino. Utilízase para representar á realeza.
VERDE
Representa a natureza (a vexetación é
verde en xeral), a tranquilidade, a fer-
tilidade, a calma, a frescura, o crece-
mento. É unha cor relaxante, polo que
é moi usada na roupa e nas paredes dos
hospitais.

