Page 54 - index
P. 54
544 3.- SIMBOLOXÍA e SICOLOXÍA da cor
Dende sempre a humanidade ten asociado as cores a determinadas sensacións, estados de ánimo ou signifcados. As
veces estas sensacións varían dunhas culturas a outras, mesmo poden chegar a ser opostas (a cor branca, en occidente,
asóciase á pureza, á limpeza, ao positivo; porén na China antiga a cor branca asociábase á morte e á mala sorte e ao
negativo).
Nas culturas occidentais, incluíndo a nosa, temos determinadas sensacións ou signifcados asociados a determinadas
cores, e isto o podemos comprobar no seu uso na publicidade ou na moda.
BRANCO
Representa a pureza, a limpeza, a virxindade, a bon-
dade e a inocencia.
NEGRO
Representa a morte, o poder, a elegancia, a seriedade, o misterio ou
a escuridade.
AMARELO
Representa a enerxía, a felicidade. Honor e lealdade (heráldica). É a cor que
máis se ve (con máis lonxitude de onda) polo que se usa para indicar emerxencia
ou advertencia de perigo.

