Page 53 - index
P. 53
53
CORES PIGMENTO (CMYK)
As cores que saen dun bote de pintura, dos rotulado-
res, dos lapis de cor ou das ceras (ou sexa, son cores
físicas que podemos tocar) funcionan coa síntese ou MES-
TURA SUBSTRACTIVA porque cada vez que engadimos
unha cor obtemos outra máis escura ou sexa menos cor.
Nos programas informáticos de tratamento de imaxes
ou nos manuais técnicos ás cores pigmento as denomi-
nan coma CMYK que corresponde ás iniciais en inglés de
Cyan (cian), Magenta (maxenta), Yellow (amarelo) e Key
(negro).
CORES PRIMARIAS
As cores pigmento primarias son as que non podemos
obter pola mestura de outras; todas as demais cores as
obtemos de mesturar, en diferentes porcentaxes, as
cores primarias.
As cores pigmento primarias son o maxenta o cian e o
amarelo.
CORES SECUNDARIAS
As cores secundarias son as que obtemos ao mesturar
dúas primarias na mesma porcentaxe de ambas as dúas:
Maxenta + cian = azul
Maxenta + amarelo = vermello
Cian + amarelo = Verde
O Azul é máis ben o que poderiamos chamar azul - violeta ou violeta e o cian (ou ciano) é o que podemos chamar azul
ceo ou azul claro. A cor maxenta é algo parecido á cor rosa.
Como podes comprobar na páxina anterior, as cores primarias pigmento (amarelo maxenta e cian) son as cores se-
cundarias luz, e viceversa.
CORES COMPLEMENTARIAS
Cada cor primaria (cian, maxenta e amarelo) ten unha cor complementaria que é a cor que non ten nada da primaria
pois é a cor secundaria formada da mestura das outras dúas cores primarias.
A complementaria da maxenta é a verde, que está formada pola mestura da cian e a amarela.
A complementaria da amarela é a azul, que está formada pola mestura da maxenta e a cian.
A complementaria da cian é a vermella, que está formada pola mestura da maxenta e a amarela.
A mestura das tres cores pigmento primarias da a cor negra (que contén todas as cores); como consecuencia, ao
mesturar unha cor pigmento coa súa complementaria tamén obtemos a cor negra pois estamos a mesturar as tres
cores pigmento primarias.

