Page 51 - index
P. 51
51
O espectro electromagnético é moi amplo e ten moito tipo de ondas, dende as ondas de radio e os infravermellos (que
nós non vemos e algúns animais si) ata os raios X ou os raios gamma que son os que menor lonxitude de onda teñen e
maior enerxía ou calor teñen.
CORES LUZ E CORES PIGMENTO
Cando falamos de cor debemos ter en conta de que estamos a falar pois temos dous sistemas de cor que funcionan de
xeito diferente:
CORES LUZ.- Son as cores orixinadas pola luz, os focos de luz. Funcionan polo que se coñece co nome de síntese
aditiva porque cando mesturamos cores luz obtemos máis luz e, polo tanto, cores máis claras ate obter a luz branca, que
inclúe todas as cores.
CORES PIGMENTO.- Son as cores físicas, as que usamos nós cando pintamos cun rotulador, un lapis de cor, unha
cera ou un bote de pintura. Son cores obtidas a partir de pigmentos naturais ou artifciais. Funcionan polo que se coñe-
ce co nome de síntese substractiva porque cando mesturamos cores pigmento obtemos outra cor máis escura, menos
luminosa, con menos cor. Ao mesturar todas as cores pigmento obtemos a cor negra, que é a ausencia de cor.

