Page 50 - index
P. 50




5041.- A COR




A cor é unha impresión visual, a temos porque vemos cando temos os ollos abertos e hai luz. Se estamos nunha habita-
ción pechada, coa luz apagada, só vemos o negro que é a ausencia de cor porque é a ausencia de luz.
Os nosos ollos teñen unhas conexións co cerebro
que nos permiten ver as cores de determinada ma-
neira. Hai persoas, chamadas daltónicas, que non
teñen esa capacidade e non ven as cores (teñen
acromatopsia) ou teñen difcultades para diferen-
ciar algunhas delas (verdes e vermellos ou azuis).
As imaxes que tes aquí, do test cromático de Is-
hihara, úsanse para detectar o daltonismo. Se non
ves os números 74 e 12 terás daltonismo en maior
ou menor grao.



Imaxes do Test de Ishihara
Pero, como dixemos máis arriba, as cores non son
tales senón que dependen de como as vexan as
persoas ou outros seres vivos: Os cans ven menos
cores ca nos e os felinos ven moito mellor ca nos
con pouca luz (por iso cazan de noite).
Na foto do lado podes ver a relación entre o que ve-
mos nos (arriba) e o que ve un gato (abaixo) de noite.






NATUREZA DA COR

A luz é unha onda electromagnética (xa estudare-
des isto en Física ou en Ciencias) e, no século XVIII
Isaac Newton demostrou que cando un raio de luz é
refractado ao pasar a través dun prisma de cristal,
a cor branca da luz descomponse en todas as co-
res (é o que ocorre, de xeito natural, cando vemos o
Arco da vella despois de chover.

Refracción da luz branca Arco da vella
nun prisma de cristal

A cor que vemos dun obxecto depende da parte do espectro cromático (todas as cores descompostas) que absorbe ou
que reficte o obxecto. A cor que vemos é a que reficte.
   45   46   47   48   49   50   51   52   53   54   55