Page 43 - index
P. 43
43
O APUNTAMENTO DO NATURAL
O apuntamento do natural é un debuxo que se fai vendo os elementos reais que estamos a debuxar, pode ser un
bodegón, unha paisaxe ou un retrato; non é un debuxo feito de memoria ou imaxinado ou copiado dunha foto.
No apuntamento do natural podemos facer todo o proceso de debuxo que vimos no apartado anterior: Empezamos cun
bosquexo e, paulatinamente, engadimos detalles e sombras ata rematar o debuxo.
O grao de acabado dun apuntamento do natural dependerá do noso propio criterio, do tempo do que dispoñamos e
do interese que o tema teña para nos.
Apuntamentos do natural

