Page 42 - index
P. 42
423 3.- TIPOS DE DEBUXOS
O BOSQUEXO
Un bosquexo é o debuxo inicial, feito con liñas moi pouco marcadas, e que contén os primeiros trazos, as liñas esen-
ciais, preparatorias do debuxo defnitivo. As liñas do bosquexo deben ser moi leves, pouco marcadas, para que cando
o debuxo vaia collendo defnición e densidade non molesten ao resultado fnal.
Un debuxo acabado comeza sempre cun bosquexo, que despois transformarase no debuxo defnitivo.
No proceso de debuxo, que veremos máis adiante, o bosquexo sería a parte correspondente ao encaixado. O encaixado
signifca, literalmente “meter en caixas” ou sexa, proporcionar os elementos do debuxo reducíndoos ás medidas esenciais
(alto e ancho, normalmente) que as debuxamos con liña moi suave en forma de rectángulos.
1.- Liñas de proporción do conxunto do debuxo
2.- Encaixe (os diferentes elementos do modelo encaixados con liñas sinxelas). Fixámonos exclusivamente nas propor-
cións.
3.- O fnal do bosquexo ou o inicio do debuxo. Xa aparecen as formas reais.
O DEBUXO
Unha vez rematado o bosquexo ou o encaixado, cando temos xa as proporcións ben collidas, seguimos engadindo de-
talles, sombras e matices paulatinamente, ata que rematamos o debuxo.
Un debuxo acabado non ten sempre o mesmo grao de defnición, iso dependerá do autor, da súa técnica e do seu estilo.
Un debuxo acabado dun autor pode estar moito menos defnido que o de outro; algúns debuxantes traballan con sombras
moi defnidas e matizadas, e outros con sombras máis esquemáticas ou sen elas.
4.- Iniciamos as sombras do debuxo.
5.- Seguimos detallando o noso debuxo.
6.- O debuxo o daremos por rematado cando queiramos, segundo o tempo do que dispoñamos ou o grao de detalle ao
que aueiramos chegar.

