Page 41 - index
P. 41
41
CLAROSCURO
Cando temos unha serie de obxectos iluminados podemos apreciar distintas zonas de luz e sombra neles; vexamos cada
unha delas.
Zona de LUZ PROPIA.- É onde a luz da de fronte, coa máxima intensidade. Se cadra, dependendo da textura do
obxecto pode haber un punto ou zona de brillo, nas superfcies pulidas ou lisas.
Zona de MEDIA LUZ.- A zona está iluminada pero non de fronte ou non directamente. Nos obxectos cilíndricos ou
curvos correspóndese coa zona de transición, ou intermedia, entre a moi iluminada e a sombreada.
Zona de SOMBRA PROPIA.- É a zona do obxecto á que non lle da a luz por estar oposta a ela. A zona de sombra
propia non é necesariamente uniforme, pode ter zonas de sombra máis ou menos intensa por recibir refexos de outras
zonas ou obxectos iluminados, o que nos leva á:
Zona de LUZ REFLECTIDA.- Tal e como dicíamos no parágrafo anterior, é unha zona que, dentro da zona de sombra
propia, recibe luz refectida dunha zona de luz próxima o que fai clarear a sombra. A zona de luz refectida nunca vai
ser como a zona de luz propia porque está dentro dunha sombra.
Zona de SOMBRA PROXECTADA.- É a sombra que un obxecto proxecta sobre outro. Igual que no caso da som-
bra propia, a sombra arroxada ou proxectada non ten por qué ser uniforme, é máis intensa e marcada nas proximidades
do obxecto que a produce e esvaécese ao afastarse del; en consecuencia, a medida que a sombra arroxada afástase do
obxecto que a produce os bordos dela son menos defnidos.

