Page 40 - index
P. 40




403 2.- CALIDADE DA LUZ




Cando falamos da calidade da luz referímonos á intensidade dela e á dureza ou suavidade das sombras. Tamén, como
consecuencia, estaremos falando do maior ou menor contraste entre luces e sombras.

LUZ DURA

A fonte ou fontes de luz (tanto da que falemos de luz natu-
ral como de luz artifcial) son moi intensas e producen nos
obxectos zonas moi iluminadas e, en consecuencia, zonas
de sombra moi acentuadas. Existe moito contraste entre as
zonas iluminadas e as zonas en sombra. Acentúanse os volu-
mes dos obxectos.

Williamsburg Brige
Richard Estes
1995

















Marat asasinado
J. Louis David
1793

LUZ SUAVE

Tamén chamada luz difusa. A fonte de luz é menor
ou está esvaecida ou difusa (ocorre nun día neboen-
to ou con moita nebulosidade ou cando iluminamos
unha escena cun foco de luz indirecta ou cun fltro).
As sombras son pouco intensas ou non existen, e
as luces tamén son máis tenues. Apenas hai con-
traste entre as zonas de luz e de sombra. As for-
mas dos obxectos aparecen menos defnidas.





























luz difusa - Parlamento Claude Monet. 1904 Camino de Zumaya Clara Gangutia. 1998
   35   36   37   38   39   40   41   42   43   44   45