Page 30 - index
P. 30




302 3.- EXPRESIVIDADE DAS FORMAS




Chamamos expresividade das formas á capacidade que teñen de transmitir ou crear sensacións no espectador
que as contempla.
Las meninas Diego Velázuez. 1652
Calquera forma, imaxe, creación ou obra de arte ten esa capaci-
dade; outra cousa é que nós, cando a vemos, sexamos capaces de
apreciar todo o que ela pode transmitir. A práctica, a educación e
a cultura farán que cada vez poidamos percibir máis e mellores
sensacións ao observar unha obra darte.
Ao longo da Historia da Arte moitos artistas fxeron interpretacións
(e moitas máis veces copias) de obras de artistas anteriores a eles,
e fxeron variacións sobre a obra orixinal, enriquecendo e valorando
o modelo. Hai moitos exemplos disto pero, se cadra, ningún máis
importante que o cadro de estilo Barroco As meninas (ou A familia
de Felipe IV) que Diego Velázquez (Sevilla, 1599, Madrid 1660)
pintou no ano 1656. Vexamos algunhas das moitas interpretacións
desta obra.
Las meninas Pablo Picasso. 1957 Las meninas Pablo Picasso. 1957











Las meninas (conjunt) Pablo Picasso. 1957



Pablo Picasso (Málaga, 1881 – Mouguins, Francia,1973) fxo,
no ano 1957, varias versións (en total fxo, entre cadros e debuxos,
un total de ¡58 obras!) do cadro de Velázquez.
Temos interpretacións case monocromáticas (1) e outras con va-
riedade de cores (2); as temos en estilo cubista máis analítico
(1) e outras en cubismo máis sintético (2) ou con formas máis
elementais e abstractas (3)… Todas elas feitas ao mesmo tempo.





O Equipo Crónica -Rafael Solbes (Valencia, 1940-1981) e Ma-
nuel Valdés (Valencia, 1942)- inspirouse no cadro de Velázquez
para facer varias obras moi críticas coa ditadura de Francisco
Franco (Ferrol, 1892 – Madrid, 1975).
La salita Equipo Crónica. 1971 El recinte Equipo Crónica. 1970 El perro Equipo Crónica. 1970
   25   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35