Page 28 - index
P. 28




282 2.- OS ESTILOS ARTÍSTICOS




Ao longo da historia teñen existido moitos e moi diferentes artistas, cada un co seu estilo particular de representar a
realidade ou as súas ideas plásticas. Dende as pinturas prehistóricas das cavernas ata hoxe existiron, e existen, moitos
movementos artísticos, e cada un deles (e, dentro deles cada un dos artistas que os seguiron) tivo a súa particular maneira
de pintar ou debuxar.
A pesar do antedito, calquera obra artística a poderemos clasifcar en un dos tres estilos artísticos seguintes: Estilo Re-
alista, Estilo Abstracto e Estilo Figurativo.

ESTILO REALISTA

O estilo Realista é o que representa a realidade tal e como é. O
artista trata de imitar a realidade e pretende que a súa obra a repro-
duza coa maior fdelidade posible.
O estilo máis realista sería o Hiperrealismo, que leva o realismo
ao seu extremo e consegue un grao de detalle igual ou superior ao
dunha fotografía.
Pode parecer imposible chegar a un grao de defnición superior ao
dunha fotografía, pero si é posible nunha pintura: Nunha fotografía
os elementos máis afastados da cámara quedarán, de xeito natural,
con menos defnición que os que están preto dela; pero ninguén
impide ao pintor detallar os obxectos afastados igual que os do pri-
meiro plano. Carnero Francisco de Zurbarán. 1640. REALISMO

Retrato de la condesa Mathieu de Noailles Zurbarán. 1913. REALISMO





S/T Pedro Campos. HIPERREALISMO


























ESTILO ABSTRACTO


O estilo Abstracto non intenta representar obxectos reais
nin imita á realidade. As obras abstractas están formadas por
manchas, liñas, cores. O artista plasma na súa obra ideas,
sensacións, trazos, xestos…
Moito máis que no estilo Realista, na abstracción, existen
moitos estilos ou correntes plásticas: Abstracción xeométri-
ca, Expresionismo abstracto, Neoplasticismo, Constructi-
vismo, Informalismo…

Fiesta snob para la princesa
Joan Miró
1944
ABSTRACCIÓN
   23   24   25   26   27   28   29   30   31   32   33