Page 27 - index
P. 27
27
FORMAS NATURAIS OU ARTIFICIAIS
As Formas naturais son aquelas que atopamos na natureza sen a intervención do ser humano: Unha árbore, unha pedra,
unha for, un animal.
As formas artifciais son aquelas creadas ou fabricadas polo ser humano: Unha casa, un coche, uns pantalóns, unha
culler.
Non sempre é fácil dicir se unha forma é natural ou artifcial; ás veces unha forma é unha mestura das dúas: Cando nós
andamos pola rúa, vestidos, somos maioritariamente unha forma artifcial (o que ocupa máis é a roupa, que é artifcial)
cando estamos na praia, espidos ou cun traxe de baño ou un biquini, somos maioritariamente unha forma natural.
Forma natural Forma artifcial Forma mesturada
FORMAS XEOMÉTRICAS OU ORGÁNICAS
As formas xeométricas son aquelas que responden a unha fórmula xeométrica (cadrado, triángulo, círculo) ou teñen una
estrutura interna que segue unha lei matemática (un fractal, unha espiral).
As formas orgánicas son todas as demais.
FORMAS XEOMÉTRICAS FORMAS ORGÁNICAS
Cuncha de Nautilus
Brócoli Romanesco
Azucena Xirasol
Parnassia palustris

