Page 26 - index
P. 26




2621.- COÑECER AS FORMAS




CLASIFICACIÓN DAS FORMAS


¿Que é unha forma? Unha forma é calquera cousa, imaxe ou obxecto que poidamos ver ou imaxinar. Poden ser pla-
nas (un círculo, un cadrado) ou ter volume (unha esfera, un cubo, unha pedra, unha persoa, un animal, unha montaña…).
Podemos clasifcar as formas de diferentes maneiras, vexamos tres das clasifcacións máis usadas.


FORMAS SIMPLES OU COMPLEXAS

As formas simples teñen un contorno ben defnido e sinxelo (forma circular ou cadrada ou triangular), son facilmente
comprensibles e adoitan ter cores planas ou con poucos matices.
















Exemplos de formas simples, con volume ou planas

As formas complexas teñen un contorno pouco defnido (non sabemos con claridade onde empeza e onde acaba) ou
son complicadas de visualizar (hai superposicións ou interseccións ou degradados) ou están formada por moitas formas
simples ou teñen moitas cores ou texturas diferentes.
Exemplo de forma complexa Senén Olano Mondrian de feira (fragmento)






















Composición complexa con
formas simples volumétricas Composición complexa con formas simples planas
   21   22   23   24   25   26   27   28   29   30   31