Page 14 - index
P. 14




141 2.- ILUSIÓNS ÓPTICAS




Unha ilusión óptica, coma o seu nome indica, é unha imaxe que vemos pero que non é real ou que na realidade é
diferente de cómo nos a vemos.
Un exemplo moi típico é o espellismo, como consecuencia
da refexión dos raios solares en capas de aire quente. No
verán, cando fai moita calor, é fácil ver un espellismo nunha
carreteira co asfalto requentado; ao fondo dunha longa recta
parece que a carreteira entra na auga ou se transforma en
auga.



Determinadas imaxes poden producir este efecto e chamá-
molas ilusións ópticas. Vexamos algúns exemplos:

PARALELAS DE RICHARD LANGTON GREGORY


Estas liñas parece que confúen, que non son paralelas, pero
se collemos un escuadro e un cartabón podemos comprobar
que, en realidade, si son paralelas.















ILUSIÓN DE ZÖLLNER

O efecto anterior (as liñas paralelas que non o parecen) é moi
semellante ao que expuxo o astrofísico alemán Johann Karl
Friedrich Zöllner en 1860. Neste caso, unhas liñas paralelas
non o parecen pola infuencia doutras máis pequenas que as
cortan en dous sentidos.











REIXA DE HERMANN


A reixa de Hermann, descrita por Ludimar Hermann en
1870, consiste nunha cuadrícula de liñas brancas sobre fon-
do negro. Cando miramos a cuadrícula en xeral vemos unhas
manchas grises nas interseccións. Se fxamos a mirada nun-
ha intersección concreta a mancha gris desaparece, pero as
notamos nas demais.
   9   10   11   12   13   14   15   16   17   18   19