Page 13 - index
P. 13
13
IMAXES PUBLICITARIAS
Feitas para vender algo, produtos ou ideas. Forman unha parte moi importante da linguaxe publicitaria. Todos coñece-
des a frase “Unha imaxe vale máis que mil palabras”. Neste caso é certo.
A LINGUAXE PUBLICITARIA é unha lin-
guaxe visual moi concreta que, usando di-
ferentes elementos, ten como fnalidade
única convencernos de que necesita-
mos algo ou de que merquemos algo;
normalmente algo que non precisamos ou
que tan sequera coñeciamos. Pretende
convencernos (repetindo teimudamente a
mensaxe ou o anuncio) de que a nosa vida
vai mellorar moitísimo mercando ese pro-
duto ou ese obxecto. Habitualmente isto é
mentira.
Tamén se usa a linguaxe publicitaria para
transmitir boas prácticas ou recomenda-
cións de institucións ou organismos públi-
cos.
ELEMENTOS DA LINGUAXE PUBLICITARIA
En calquera anuncio (nun cartel publicitario ou nun anuncio dunha revista)
temos catro elementos que, combinados entre si, forman o anuncio
O titular. É unha frase, normalmente cun tipo de letra moi grande, ou eslogan
que condensa a mensaxe do anuncio e tenta atraer a nosa atención.
A imaxe. É a imaxe (ou imaxes) publicitaria. Ilustra ou reficte a mensaxe que
expresa o titular.
O texto. Tódolos textos que non forman parte do título. Amplían a información
sobre o uso ou as variantes do obxecto ou da idea que vende o anuncio.
A frma. Información sobre a empresa que fabrica ou vende o produto: Logo-
tipo, dirección postal, dirección web, teléfono de contacto, etc.

