Page 100 - index
P. 100
1007 STOP MOTION
A Stop Motion é unha técnica para facer animación a partir de imaxes fxas.
O movemento real, no cine, o conseguimos con 24 imaxes por segundo; así vemos a continuidade tal e como a vemos
cos nosos ollos na realidade. Para conseguir unha sensación de movemento deberemos traballar con un mínimo de 9
imaxes por segundo. Cantas máis imaxes (ate 24) máis continuidade e realismo no movemento.
Dado que do que se trata é de facer cine, cine de animación pero cine, partiremos dun guión ou mellor dun guión gráfco
(storyboard), un conxunto de ilustracións amosadas en secuencia co obxectivo de serviren de guía para entender unha
historia, unha animación ou seguir a estrutura dunha película antes de flmala.
Temos moitas maneiras de traballar: Con obxectos de tres dimensións modelados en plastilina, con debuxos ou con
calquera outro obxecto ou trebello susceptible de seren manipulado.
Unha vez que temos a nosa idea e, mellor, o noso guión gráfco, empezaremos o traballo e sacaremos as fotos (unha
boa chea delas, xa sabes 9 imaxes por segundo) cunha cámara de fotos, co noso teléfono móbil ou cunha tablet. Este
é o traballo máis pesado, pero tamén o máis creativo e ilusionante...
Cando teñamos as fotos perfectamente ordenadas e en cantidade sufciente para facer a nosa historia animada en Stop
Motion debemos usar un programa de ordenador para facer a película.
Existen moitos programas de edición de vídeo, de pago ou de balde. Programas profesionais e outros máis sinxelos. Se
votades un ollo en internet atoparedes moitas referencias.
Hai un programa moi sinxelo e de balde que funciona ben para facer Stop Motión; é o MonkeyJam. Vexamos un
pequeno titorial:
1.- Cargamos o programa MonkeyJam. 2.- Importamos as imaxes: fles – Import – Images – Add Files
Lembra que as imaxes deben estar na orde axeitada e perfecta-
mente nomeadas.
Aquí tes algunhas webs onde podes atopar exemplos, manuais e consellos sobre stop motion
https://contamosconemotion.blogspot.com/
https://animacioneducacionplastica.blogspot.com/
http://framexframe.tumblr.com/

