Page 10 - index
P. 10
1011.- AS IMAXES
TIPOS E FUNCIÓNS DAS IMAXES
Existen infnidade de imaxes e, todas elas, as podemos agrupar en tres TIPOS: Imaxes obxectivas, publicitarias e artís-
ticas. Dentro destes tres tipos de imaxes, podemos atopar diferentes FUNCIÓNS ou diferentes usos entre elas.
IMAXES OBXECTIVAS
Transmiten unha información clara, perfectamente comprensible sen posibles interpretacións.
Poden cumprir diferentes funcións ou ter diferentes usos:
FUNCIÓN COMUNICATIVA
Os símbolos, como poden ser
as bandeiras (representan a un
país ou a un grupo de persoas
ou ideas).
As marcas comerciais (os logo-
tipos, os escudos dos equipos
de fútbol) que representan ou
identifcan a unha empresa.
Os signos, que transmiten
unha orde ou unha prohibición,
ou dan unha información rápida
e precisa de algo ( os pictogra-
mas, os sinais de tráfco ou de-
terminados xestos).
Linguaxe de signos
Pictogramas
Xesto de silencio

