O teatro.


O teatro é un xénero ao que pertencen obras pensadas para ser representadas en público por actores. Estas obras poden estar en prosa ou en verso e non soen ter narrador. Os textos están escritos en forma de diálogo e son facilmente recoñecibles polo feito de que as frases de cada personaxe sempre van precedidas do nome do personaxe.

Antes ou durante os diálogos soen aparecer anotacións, normalmente escritas en cursiva e entre parénteses. Nestas anotacións o autor ou autora fai indicacións sobre o vestiario, escenario, movementos e entradas e saídas dos personaxes.

Estrutura: a obra está divida en actos. Un acto distínguese do seguinte pola caída do pano e a subida para o inicio do seguinte acto. A súa vez os actos divídense en escenas. Nestas escenas interveñen os mesmos personaxes.

Os dous tipos máis importantes de obras teatrais son a comedia e a traxedia.

A comedia: Soen abordar conflitos cotiáns que afectan a persoas normais. Os propios conflitos xeran situacións disparatadas con ton humorístico. Normalmente soe resolverse o conflito cun final "feliz". Un dos autores de comedias españois máis coñecido é Lope de Vega (1562 1635).

A traxedia: nestas obras os personaxes enfróntanse a graves conflitos, amosan grandes sentimentos (amor, odio, ...). Un dos grandes autores de traxedias foi o inglés William Shakespeare.

C