5.- Coidamos o noso sistema nervioso.


Algunhas das enfermidades do sistema nervioso son: os traumatismos, trastornos psicolóxicos e enfermidades dexenerativas.

Os traumatismos, normalmente formados por golpes ou feridas, poden provocar a perda da fala, visión ou mobilidade. Por exemplo unha compresión, corte ou golpe na medula espiñal pode traer consigo unha paraplexía ( a parte inferior do corpo queda paralizada)

Os trastornos psicolóxicos poden ter múltiples causas como estrés, alcohol, drogas, irregularidades no sono, etc e producen ansiedade, depresións, ...

As enfermidades dexenerativas como o alzhéimer que produce unha dexeneración e morte das células cerebrais ou o Parkinson onde as células nerviosas teñen dificultade para enviar mensaxes causando tremores que poden levar á parálise.

Como sempre podemos previr estas enfermidades evitando o uso de substancias como alcohol e drogas, levando unha dieta saudable e variada e empregando elementos de protección como pode ser o cinto de seguridade dos coches ou un casco cando imos en bici.

A

L