4.- O sistema endocrino.


Está formado por un conxunto de órganos chamados glándulas endócrinas que fabrican unhas substancias chamadas hormonas, estas hormonas son vertidas no sangue e actúan como mensaxeiros de ordes, ao chegar ás células estas executan as ordes que as hormonas lle transmiten.

O sistema endócrino pode actuar sobre varios órganos a vez por exemplo para controlar o crecemento ou a reprodución.

Algunhas das principais glándulas endócrinas son:

As sexuais, ovarios e testículos que, como xa vimos, son os encargados da aparición dos caracteres sexuais femininos e masculinos.
A hipófise: situada no cerebro dirixe a actividade doutras glándulas endócrinas e produce a hormona do crecemento.
A tiroide: produce a tiroxina que, xunto con outras hormonas, fai que aproveitemos os nutrientes adecuadamente.
O páncreas: produce a insulina que controla a cantidade de azucre no sangue.

A

L

C