3.- Os movementos.
Podemos dicir que todos os movementos que realizamos no noso corpo poden ser clasificados en dous grandes grupos: voluntarios e involuntarios.
3.1.- Voluntarios: realízanse dun xeito consciente, andar, escribir, falar, ... O cerebro coa información que reciba dos sentidos e/ou a información que dispón na súa memoria (recordos) da unha determinada orde. Por exemplo se vemos/escoitamos unha serea entendemos que algo grave pode estar ocorrendo e tomamos unha decisión (a orde) dado que sabemos que esas luces e sons son propias de situacións de alarma e perigo.
3.2. Involuntarios ou reflexos: ocorren de xeito automático aínda que cando ocorren somos conscientes de que ocorreron. Este movementos teñen unha función protectora da nosa propia persoa, por exemplo pechar os ollos para protexelos cando algo se aproxima moito a eles, retirar a man ante unha posible queimadura, ...
En moitos destes movementos non intervén o cerebro, sendo a medula espiñal a que recibe a información e da a orde, deste xeito o tempo de reacción é menor.
Así mesmo no interior do noso corpo realízanse outros movementos como a dixestión ou a circulación que deben de ser realizados de xeito coordinado, esta coordinación tamén é controlada polo sistema nervioso e tamén forma parte da función de relación. Para realizar esta coordinación interna contamos co sistema endócrino e con músculos involuntarios, como o corazón ou os músculos do aparello dixestivo que o sistema nervioso controla sen que nos deamos de conta.