2.2.- Sistema nervioso central: está formado pola medula espiñal e o encéfalo.
2.2.1.- O encéfalo, protexido polo cranio e as tres meninxes (membranas) entre as que circula o líquido cefalorraquídeo que fai axuda a amortecer os posibles golpes. É o principal centro de control do noso corpo, se di que é o órgano da memoria e o pensamento.
Ten tres partes:
Cerebro: dividido en dúas metades (hemisferios) a súa parte exterior, chamada córtex cerebral, é rugosa. Nel se controlan os acto voluntarios e localízase a memoria.
Cerebelo: coordina os movementos e mantén o equilibrio.
O tronco encefálico: une encéfalo e medula espiñal, nel atópase o bulbo raquídeo que regula a actividade de moitos órganos.
2.2.2.- A medula espiñal: situada e protexida no interior da columna vertebral vai desde o encéfalo ata o final das costas. Dela parten moito nervios a todo o corpo para recoller información dos órganos receptores e para levar información a os órganos efectores. É a responsable das nosas respostas involuntarias ou reflexas que nos permiten reaccionar sen a necesidade de pensar, por exemplo cando apartamos a nosa man dun obxecto que queima.