2.- O sistema nervioso.


É o encargado de dirixir a función de relación, está formado por un so tipo de tecido, o tecido nervioso que se atopa por todo o corpo e que está formado por unha rede de neuronas capaces de enviar as mensaxes dos órganos receptores e as ordes aos órganos efectores.

2.1.- As neuronas: teñen numerosas prolongacións e están especializadas en transmitir o impulso nervioso.
Se distinguen tres partes:

O corpo: nel atopamos o núcleo e orgánulos.

As dendritas: prolongacións ramificadas grosas e curtas, son as encargadas de recibir información dos sentidos ou doutras neuronas.

O axón: prolongación máis fina e é o encargado de transmitir a información a outras neuronas ou enviar ordes a algún órgano. Os axóns únense a outros axóns formando os nervios.

O sistema nervioso está formado por dúas partes: o sistema nervioso central e o sistema nervioso periférico.

A

L

C