1.- A función de relación.


O noso corpo reacciona ante estímulos externos, así por exemplo, se escoitamos un son alto xiramos a cabeza deica o lugar de onde provén o son, se un obxecto moi quente toca a nosa pel inmediatamente nos apartamos do obxecto, se estamos nun lugar frío acabamos póndonos algunha roupa de abrigo...

Estes feitos todos están regulados polo que se chama función de relación que se desenvolve en tres grandes pasos:

1.1.- Recepción dos estímulos: é levada a cabo polos órganos receptores, como os sentidos, dotados de unhas células especiais, por exemplo a pituitaria do nariz ou as células receptoras do tacto, que captan a información producida no exterior ou interior do noso corpo. Estas células envían ao cerebro a información recibida.

1.2- Creación de ordes: o cerebro interpreta os sinais recibidos e coa axuda do resto do sistema nervioso elabora e envía a orde oportuna mediante os impulsos nerviosos.

1.3.- Execución da reacción: os órganos que executan as ordes recibidas chámanse órganos efectores, os músculos do aparello locomotor realizando un movemento, as glándulas sudoríparas que producen suor cando o noso corpo ten moita calor, ...

L

O

C