O verbo 1.


Os verbos son palabras que expresan accións (saltar), estados (durmir) ou situacións (estar) de persoas animais, plantas e cousas. Están formados por unha raíz ou lexema e unha ou varias desinencias.

Para saber a raíz dun verbo tan so hai que quitarlle -ar, -er ou -ir ao nome (infinitivo) do verbo.Exm: Chorar: chor -ar (chor- sería a raíz)

As desinencias indican:

Persoa: pode ser primeira (como), segunda (comes) ou terceira (comen).

Número: pode ser singular (xogaba) ou plural (xogan).

Tempo: hai tres, presente (bailo), pasado (bailei) e futuro (bailarei).

Modo: tamén son tres, indicativo, que expresa accións reais (estudamos); subxuntivo, que expresa dúbida, posibilidade ou desexo (Oxalá veña!); imperativo co que se expresan ordes ou rogos (calade!).

As desinencias unidas á raíz dan lugar a todas as formas dun mesmo verbo, é dicir, á súa conxugación. Existen tres tipos de conxugación, primeira (infinitivo acabado en -ar), segunda (infinitivo acabado en -er) e terceira (infinitivo acabado en -ir).

L

O

O