7.- A arte.


Neste século séguense aínda as correntes do barroco tradicional vixentes dende o anterior século, unha das grandes obras é a fachada do Obradoiro da Catedral de Santiago (Fernando de Casas y Novoa) ou o mosteiro de San Martín Pinario tamén en Santiago. A influenza das correntes que viñan de Europa deixaron outras obras como o Palacio Real da Granxa de San Ildefonso ou o de Aranxuez.

Xa a mediados de século e con estilo neoclásico remátase o Pazo de Raxoi tamén praza do Obradoiro a Porta de Alcalá e o Museo do Prado en Madrid.

En canto á pintura houbo grandes artistas tamén pero o que sen dúbida sobresaíu foi Francisco de Goya e Lucientes. Este aragonés foi o pintor máis destacado da segunda metade do século XVIII e primeira metade do XIX tanto en España como en Europa.

O seu traballo na corte permítelle ter acceso ás coleccións de pintura dos reis e a coñecer diversos personaxes e vivir distintos acontecementos históricos que pintou nos seus cadros como A familia de Carlos IV ou distintos cadros da Guerra da Independencia Española. Interesouse tamén polo pobo, pintando as formas de vida, costumes, festas populares, ...

A

L

N