5.- A sociedade
Despois da Guerra de Sucesión estímase que a poboación era duns sete a oito millóns de habitantes.
A nobreza representaba un 5% da poboación e tiña territorios sobre os que podía administrar xustiza e obter rendas. Dividíase en alta nobreza (duques, marqueses, ...) e a baixa nobreza (cabaleiros e fidalgos).
O clero representaba o 2% da poboación, tamén había dous grandes grupos. O alto e o baixo clero. O alto clero estaba emparentado con familias nobres. Posuía grande influenza xa que era dono do 40 % das terras e tiña o dereito a cobrar tributos, este poder viuse recortado por Carlos III. O baixo clero estaba formado por membros do pobo que moitas veces ingresaban nel fuxindo de penurias económicas.
O pobo, sen privilexios, era moi heteroxéneo. A burguesía enriquecíase cos negocios, a administración ou o comercio e tentaba emparentar coa nobreza mediante matrimonios ou mercando títulos. Pola contra artesáns e campesiños malvivían "afogados" polos impostos.