4.- Guerra e conflictos.


Filipe V tras a perdida de territorios no tratado de Uttrech tenteou sen éxito a recuperación das illas de Cerdeña e Sicilia. Pola súa alianza familiar con Francia, a través dos Pactos de Familia fixo que o exercito español axudara ao francés nas súas guerras de Sucesión polaca e austríaca.

Así mesmo os reis deste século enfrontáronse con Portugal e Gran Bretaña que pretendían que España permitise o comercio doutras nacións con América xa que ata o momento España tiña o monopolio deste comercio.

Estas guerras eran moi custosas e os reis empezaron a subir os impostos empobrecendo así a poboación o que fixo, xunto coa incapacidade de rei e ministros para resolver as dificultades, que en 1808 se producise o motín de Aranxuez obrigando a Carlos IV a abdicar en favor do seu fillo Fernando VII.

A

L

C