Filipe V (Filipe de Anjou) estableceu a monarquía absoluta na que el mesmo asumía todos os poderes do Estado. Aproveitou a derrota da Coroa de Aragón (que apoiara ao arquiduque Carlos na Guerra de Sucesión) e promulgou os Decretos de Nova Planta que pecharon as Cortes de Cataluña, Aragón, Valencia e Mallorca e derogou as súas propias leis (foros). Pola contra, nos terreos que o apoiaran mantiveron os seus propios foros como Navarra e o País Vasco.A
L
C