1.- A Guerra de Sucesión.
O 1 de novembro de 1700 morre en Madrid, sen descendencia, o rei Carlos II (alcumado "el Hechizado" e o derradeiro rei da casa de Habsburgo). Tras esta morte produciuse unha longa guerra civil chamada a Guerra de Sucesión (1701 -1714) na que se enfrontaban dous bandos, os partidarios do Arquiduque Carlos, de orixe alemá e apoiado por Austria, Inglaterra, Portugal, Holanda, Prusia, Saboia e Hannover contra os partidarios de Filipe de Anjou, de orixe francesa e apoiado por Francia. Esto fixo que España tamén se dividise en dous bandos, Castela apoiou a Filipe mentres que Aragón fixo o mesmo con Carlos.
Coa firma do Tratado de Utrech no 1713 e de Rastatt en 1714 ponse fin a esta guerra onde se recoñece o triunfo de Filipe de Anjou que reinaría co nome de Filipe V. Nestes tratados, a cambio de permitir a instauración dun rei da casa dos Borbóns no Trono de España, austríacos e ingleses exixiron compensación territoriais. España perdeu así as súas posesións nos Países Baixos e en Italia (pasando a pertencer á Austria) e Xibraltar e Menorca que pasaron a pertencer á Inglaterra. Así mesmo o novo rei renunciou a unión dinástica de España e Francia.