Liña de tempo: O século XVIII.
Neste traballo colectivo cada un e cada unha ides a investigar sobre o século XVIII en España e en Europa.
Como mínimo cada unha e cada un deberedes de aportar unha entrada en tres destes cinco apartados.
1.- Acontecemento: un conflito (bélico ou non), un tratado, unha abdicación real, casamentos, revoltas, ...
2.- Persoeiro da cultura: escritores, pintores, ...
3.- Persoeiro da ciencia: inventores, divulgadores, científicos...
4.- Monumentos e edificios emblemáticos.
5.- Feitos tecnolóxicos e científicos relevantes. Un invento, o descubrimento dalgún fármaco, ...
Tede en conta que non se poden repetir as "entradas" e que de cada unha deberedes de facer un pequeno resumo e, sempre que sexa posible, engadir unha imaxe relacionada coa entrada.
No caso de que a "entrada" que estades introducindo teña un principio e un fin, por exemplo unha guerra, deberedes de introducir unha data de inicio e outra de fin. Non é necesario que insirades horas, minutos e segundos.
Empregade imaxes pequenas (as grandes poderían tardar moito en subir ou incluso dar erros).