O xuíz dille á Berenguela: "Agora mudas de trécola porque te ves perdida." "Trécola" ten estes tres posibles significados:
1.- Instrumento feito de táboas e outros materiais, que pode ter distintas formas e que, ao ser movido polo vento ou accionado por algún mecanismo, fai ruído.
2.- Persoa que fala moito pero con pouco sentido e sen xeito.
3.- Razoamentos empregados para defenderse dunha acusación, para non comprometerse nunha resposta ou promesa ou para librarse de algo.
Con cal destos tres significados asocias cada un destes sinónimos de "trécola".