Na actualidade xa existen máquinas, coches e robots que interpretan ordes de voz. Para elo as máquinas deben de asociar as palabras recibidas con un determinado código co que formar un programa que se axeite o máximo posible ás instrucións recibidas.
Neste grupo de actividades vas a asociar esas ordes cos programas que máis se axustarían a elas. Son instrucións que poderíamos dar a un coche autónomo ou intelixente para que se dirixise ata un lugar de destino concreto. Le con calma os textos e analiza os bloques dos programas propostos.