A palabra foro ten varios significados. Aquí están algúns:
1.- Contrato esencialmente agrario polo cal unha persoa ou institución lle cede a outra o uso dun ben a cambio dunha renda e cunhas condicións estipuladas.
2.- Praza da antiga Roma que constituía o centro da vida pública.
3.- Reunión en que se debate un tema determinado.
4.- Privilexio ou exención que unha autoridade concedía a un territorio, rexión, vila, familia ou individuo da nobreza.
Indica que significado ten esta palabra en cada unha das seguintes frases.