Robinson Crusoe

A onda afundiume trinta ou corenta pés na súa masa. Sentía como me arrastraba con gran forza e velocidade cara á beira, pero aguantei o alento e tratei de nadar cara diante con todas as miñas forzas. Novamente cubriume a auga, esta vez por menos tempo, así que puiden aguantar ata que a onda rompeu na beira e comezou a retroceder. Entón, puxen a nadar en contra da corrente ata que sentín o fondo baixo os meus pés. Quedei quieto uns momentos para recuperar o alento, mentres a onda se retiraba, e logo botei a correr cara á beira coas poucas forzas que me quedaban.

A última das ondas case me mata, pois o mar arrastroume, como as outras veces, e levoume, máis ben, estreloume, contra unha pedra, con tanta forza que me deixou sen sentido e indefenso. Puiden recuperarme un pouco, antes de que viñese a seguinte onda e, cando vin que a auga me ía cubrir novamente resolvín agarrarme con todas as miñas forzas a un anaco da rocha e conter o alento ata que pasase.

Daniel Defoe

Agarreime ata que pasou a seguinte onda, e botei outra carreira que me achegou tanto á beira que a que viña detrás, aínda que me alcanzou, non chegou a arrastrarme. Nunha última carreira, cheguei a terra firme, onde, para a miña satisfacción, trepei por uns riscos que había na beira e sentei na herba, fóra do alcance da auga e libre de perigo.
Atopando a salvo na beira, elevei os ollos ao ceo e dinlle grazas a Deus por salvarme a vida nunha situación que, minutos antes, parecía totalmente desesperada. Creo que é imposible expresar cabalmente, a éxtase e a conmoción que sente a alma cando foi salvada, diría eu, da mesma tumba.
Camiñei pola praia coas mans en alto e totalmente absorto na contemplación da miña salvación, facendo xestos e movementos que non podo describir, pensando nos meus compañeiros que se afogaran; non se salvou nin unha alma salvo eu pois nunca máis volvín velos, nin achei rastro deles, a excepción de tres dos seus sombreiros, unha gorra e dous zapatos de distinto par.

Robinson Crusoe

Mirei cara á embarcación encallada, que case non podía ver pola altura da marea e a escuma das ondas e, ao vela tan lonxe, pensei: "¡ Señor!, ¿como puiden chegar á beira?»
Despois de consolarme un pouco, co pouco que tiña para consolarme na miña situación, empecei a mirar ao meu arredor para ver en que clase de sitio me atopaba e que debía facer. Non tiña roupas para cambiarme, non tiña nada que comer ou beber para repoñerme, nin tiña alternativa que non fose morrer de fame ou devorado polas bestas salvaxes. Peor aínda, tampouco tiña ningunha arma para cazar ou matar algún animal para o meu sustento, nin para defenderme de calquera criatura que me quixese matar. En suma, non tiña nada máis que un coitelo, unha pipa e un pouco de tabaco nunha caixa. Estas eran as miñas únicas provisións. Ao achegarse a noite, empecei a angustiarme polo que sería de min se nesa terra había bestas famentas, sabendo que durante a noite adoitan saír en busca de presas.

Daniel Defoe

A única solución que se me ocorreu foi subirme a unha árbore frondosa, parecido a un abeto pero con espiñas, que se erguía preto de min e onde decidín pasar a noite, pensando no tipo de morte que me agardaba ao día seguinte, xa que non vía como ía poder sobrevivir alí. Camiñei como un oitavo de milla, buscando auga fresca para beber e, finalmente, conseguina, o cal me causou unha inmensa alegría.
Despois de beber, boteime un pouco de tabaco á boca, para quitar a fame e regresei á árbore. Mentres me empolicaba, busquei un lugar de onde non caese se quedaba durmido. Cortei un pau curto, a xeito de porra, para defenderme, subín ao meu aloxamento e, de puro esgotamento, quedei durmido. Esa noite durmín tan comodamente como, segundo creo, poucos puidesen facelo en semellantes condicións e logrei descansar como nunca na miña vida.
Cando espertei era pleno día, o tempo estaba claro e, unha vez aplacada a tormenta, o mar non estaba tan alto nin embravecido como antes.

Robinson Crusoe

Non obstante, o que me sorprendeu máis foi descubrir que, ao subir a marea, o barco se desencallara e fora parar á rocha contra a que me golpeara ao estrelarme. Estaba a menos dunha milla da beira onde me atopaba e entráronme uns fortes desexos de chegarme ata el, polo menos para rescatar algunhas cousas que puidesen servirme.
Cando baixei do meu aloxamento na árbore, mirei novamente e o primeiro que vin foi o bote tendido na area, onde o mar e o vento o arrastraran, como a dúas millas á dereita de onde me achaba. Camiñei pola beira o que puiden para chegar a el, pero atopeime cunha cala ou unha franxa de mar, de case media milla de ancho, que se interpoñía entre o bote e eu. Decidín entón regresar a onde estaba, pois a miña intención era chegar ao barco, onde esperaba atopar algo para subsistir.
Pouco despois do mediodía, o mar calmárase e a marea baixara tanto, que puiden chegar a un cuarto de milla do barco.

Daniel Defoe

Entón, volvín sentirme abatido pola pena, pois dinme conta de que se permanecésemos no barco, nos salvaríamos todos e eu non me vería nunha situación tan desgraciada, tan só e desvalido como me achaba. Isto fíxome saltar as bágoas novamente mais, como de nada me servía chorar, decidín chegar ata o barco se podía. Así, pois, quitei as roupas, porque facía moita calor, e metinme á auga. Cando cheguei ao barco, atopeime coa dificultade de non saber como subir, pois estaba encallado e case totalmente fóra da auga e non tiña nada de que me agarrar. Dúas veces dinlle a volta a nado e, na segunda, advertín un pequeno anaco de corda que colgaba das cadeas de proa. Estaba tan baixa que se ben con moita dificultade, puiden agarrala e subir por ela ao castelo de proa. Alí dinme conta de que o barco estaba desfondado e tiña moita auga na adega, pero estaba tan encallado no banco de area dura, máis ben de terra, que a popa alzábase por enriba do banco e a proa baixaba case ata a auga.

Robinson Crusoe

Dese modo, toda a parte posterior estaba en bo estado e o que había alí estaba seco porque, podedes estar seguros, o primeiro que fixen foi inspeccionar que se estragara e que permanecía en bo estado. O primeiro que vin foi que todas as provisións do barco estaban secas e intactas e, como estaba en boa disposición para comer, entrei no depósito de pan e enchinme os petos de galletas, que fun comendo, mentres facía outras cousas, pois non tiña tempo que perder.
O único que necesitaba era un bote para levar todas as cousas que, segundo prevía, ía necesitar. Era inútil sentar sen facer nada e desexar o que non podía levar e esta situación extrema avivou o meu enxeño. Tiñamos varias vergas, dous ou tres paus e un ou dous mastros de reposto no barco. Decidín empezar por eles e lancei pola borda os que puiden pois eran moi pesados, amarrándoos cunha corda para que non os levase a corrente. Feito isto, funme ao costado do barco e, tirando deles cara a min, amarrei catro deles por ambos os dous extremos, tan ben como puiden a xeito de balsa.

Daniel Defoe

Coloqueilles enriba dous ou tres táboas curtas atravesadas e vin que podía camiñar doadamente sobre elas, aínda que non podería levar demasiado peso, pois eran moi delgadas. Así pois puxen mans á obra novamente e, cunha serra de carpinteiro, cortei un mastro de reposto en tres anacos que os engadín á miña balsa. Pasei moitos traballos e dificultades, pero a esperanza de conseguir o que me era necesario, deume o estímulo para facer máis do que faría noutras circunstancias.
A balsa xa era o suficientemente resistente como para soportar un peso razoable. O seguinte era decidir con que cargala e como protexer da auga o que puxese sobre ela.
En primeiro lugar, puxen todas as táboas que puiden atopar. Despois de reflexionar sobre o que necesitaba máis, agarrei tres huchas de mariñeiro, abrinas, baleireinas, e as baixei ata mi balsa; a primeiro enchina de alimentos, é dicir, pan, arroz, tres queixos holandeses, cinco anacos de carne seca de cabra, da cal nos

Robinson Crusoe

alimentaramos durante moito tempo, e un sobrante de gran europeo, que reservaramos para unhas aves que traiamos a bordo e que xa se mataran.
Despois de moito buscar, atopei a hucha do carpinteiro que, certamente, era un botín de grande utilidade e moito máis valioso, nesas circunstancias, que todo un buque cargado de ouro. Púxeno na balsa, tal e como o atopara, sen perder tempo en ver o que contiña, xa que, máis ou menos, xa o sabía.
Logo procurei abastecerme de municións e armas. Había dúas pistolas e dúas escopetas de caza moi boas no camarote principal. Collinas inmediatamente, así como algúns cornos de pólvora, unha pequena bolsa de balas e dúas vellas espadas balorentas. Sabía que había tres barrís de pólvora no barco pero non sabía onde os gardara o artilleiro. Non obstante despois de moito buscar, atopeinos; dous deles estaban secos e en bo estado e o outro estaba húmido. Levei os dous primeiros á balsa, xunto coas armas, e, véndome ben abastecido, comecei a pensar como chegar á beira sen remos nin leme

Daniel Defoe

sabendo que o menor refacho de vento o botaría todo a perder.
Tiña tres cousas ao meu favor: 1. o mar estaba en calma, 2. a marea estaba a subir e impulsaríame cara á beira, 3. o pouco vento que sopraba empurraríame cara a terra. Así pois, atopando dous ou tres remos rotos que pertencían ao barco, dous serróns, un machado e un martelo, aparte do que xa había na hucha, lanceime ao mar. A balsa foi moi ben ao longo dunha milla, máis ou menos, aínda que se afastaba un pouco do lugar ao que eu chegara a terra. Isto fíxome supoñer que había algunha corrente e, en consecuencia, que me atoparía cun esteiro, ou un río, que me servise de porto para desembarcar co meu cargamento.
Tal como imaxinara, apareceu ante min unha pequena apertura na terra e unha forte corrente que me impulsaba cara a ela. Tratei de controlar a balsa o mellor que puiden para manterme no medio da canle, pero estiven a punto de sufrir un segundo naufraxio, que me destruiría o corazón.

Robinson Crusoe

Como non coñecía a costa, un dos extremos da miña balsa encallouse nun banco e, pouco faltou, para que a carga se deslizase cara a ese lado e caese á auga. Tratei con todas as miñas forzas de soster as huchas coas costas, co fin de mantelos no seu sitio, pero non era capaz de desencallar a balsa nin de cambiar de postura.
Mantívenme nesa posición durante case media hora, ata que a marea subiu o suficiente para nivelar e desencallar a balsa. Entón impulseina co remo cara á canle e seguín subindo ata chegar á desembocadura dun pequeno río, entre dúas beiras, cunha boa corrente que impulsaba a balsa cara á terra. Mirei cara a ambos os dous lados para buscar un lugar axeitado onde desembarcar e evitar que o río me subise demasiado, pois tiña a esperanza de ver algún barco no mar e, por isto, queríame manter tan preto da costa como puidese.
Ao lonxe, advertín unha pequena rada na beira dereita do río, cara á cal, con moito traballo e dificultade, dirixín a balsa ata achegarme tanto que, apoiando o remo no fondo, podía impulsarme ata a terra.

Daniel Defoe

Esperei a que a marea subise de todo suxeitando a balsa co remo, a xeito de áncora. Tan pronto houbo auga abonda, pois a miña balsa tiña un calado de case un pé, impulseina cara a esa parte plana da beira e aí suxeiteina enterrando os meus dous remos rotos no fondo; un nun dos extremos da balsa, e o outro, no extremo diametral oposto.

Robinson Crusoe


















Adaptación sobre fragmentos dos capítulos 3 e 4 do libro de Daniel Dafoe: As aventuras de Robinson Crusoe.