Podemos distinguir dúas grandes zonas, a fría e a temperada:
Zona fría : Caracterizada por un frío intenso todo o ano atopamos
Clima polar , próximo ao círculo polar ártico, e con temperatura extremas todo o ano .
Clima de alta montaña , típico das zonas montañosas con maior altitude.
Zona temperada : aínda que hai grandes variacións e matices, nesta zona pódese diferenciar unha tempada cálida, no verán, unha fría, no inverno e unha temperada, no outono e primavera. Predominan tres tipos de climas:
Oceánico , con humidade constante e temperaturas moderadas, sen grandes cambios térmicos.
Continental , fundamentalmente na Gran Chaira Europea, ten elevadas temperaturas no verán, frío seco no inverno e escasas precipitacións.
Mediterráneo , con temperaturas agradables e precipitacións escasas e irregulares.
Lembra que no sur de España (Almería) e nas illas Canarias podemos atopar un clima desértico ou semidesértico , así como noutras zonas das Canarias hai un clima subtrópical .
image/svg+xml
CONTINENTAL
POLAR
ALTA MONTAÑA
MEDITERRÁNEO
OCEÁNICO