1.- Europa.
Denominada así en case que todas as linguas xermánicas (agás o inglés) crese que o seu nome está ligado ao da deusa grega Europa que na mitoloxía foi raptada por Zeus e levada á illa de Creta.
Está situada no hemisferio Norte, é o segundo continente máis pequeno cunha extensión duns 10,5 millóns de km2 (un 2% da superficie da Terra), so por encima de Oceanía.
É unha gran península unida ao continente asiático. Limita ao norte co Océano Ártico, ao leste con Asía, ao sur co Mar Mediterráneo e Asia e ao oeste co Océano Atlántico.