5.- Coidado e saúde dos aparellos responsables da función de nutrición.


Dado que precisamos continuamente do osíxeno debemos de procurar que o aire que respiramos sexa o máis puro posible, as substancia nocivas que pode ter como o fume do tabaco, os compostos para pragas ou o fume dos coches pasan aos nosos pulmóns e deles ao sangue podendo ser moi prexudiciais para a nosa saúde.

Así mesmo o hábito de fumar é moi malo para a nosa saúde. O tabaco ten substancias como o alcatrán que dana as vías respiratorias e causa o cancro de pulmón; a nicotina, que crea a dependencia ao ser estimulante como a cafeína facendo que sexa moi difícil deixar o hábito, ou o monóxido de carbono (CO) que pasa directamente ao sangue limitando o transporte de O2.

É moi aconsellable o exercicio físico e o paseo por zonas con plantas e a ventilación axeitada de habitacións. Evita sempre durmir en habitacións onde se atopen braseiros ou outro tipo lumes, un mal funcionamento deles podería facer que os teus pulmóns empezasen a respirar monóxido de carbono.

Mantén a túa pel limpa, eliminando os restos de suor e mantendo limpos os poros, evita as prendas moi cinguidas que dificultan a circulación do sangue e bebe suficiente auga (recoméndase un litro e medio ao día) para axudar a os riles e poros a disolver e expulsar as substancias de refugallo.

En canto á alimentación, evita os hidratos de carbono, as graxas de orixe animal e o exceso de sal. Toma leite (ou derivados) todos os días, come sentado e sen presas, mastiga ben os alimentos e como diariamente alimentos con fibra como froitas e verduras.

A

L